Informe 2017 del Observatorio de Dependencia

24. Outubro 2017 Alertas

A Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea) vén de publicar  o II Informe do Observatorio de Dependencia de 2017 no que se fai uhna análise sobre o sistema de dependencia español


Jiménez-Martín, S., Viola, A., Informe 2017 del Observatorio de Dependencia. Serie: Estudios sobre la Economía Española n. 2016/22, Madrid, Fundación de Estudios de Economía Aplicada, 2017, 47 p

O Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) entrou en vigor no ano 2007 baixo a Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en Situación de Dependencia (Lei 39/2006 do 14 de Decembro). Desde entón o sistema ofrece servizos e prestacións económicas a aquelas persoas en situación de dependencia que requiren axuda especial para levar a cabo as actividades da vida diaria. Con todo, tal como sinalamos no primeiro informe do Observatorio da Dependencia, despois dun período esperanzador, o sistema debilitouse, como consecuencia dos recortes introducidos en 2012 e 2013 (RD Lei 20/2012, de 13 xullo e RD 1050/2013). Afortunadamente, nos dous últimos anos parece reverterse a tendencia negativa previa. Aínda así, tal e como sinala na súa tribuna Guillem López, queda moito camiño por percorrer e non podemos darnos por satisfeitos.

http://documentos.fedea.net/pubs/eee/eee2017-22.pdf