Informe 2017 sobre la aplicación de la Estrategia Integral Española de Cultura para Todos

03. Febreiro 2020 Alertas

Informe sobre os resultados da avaliación realizada para coñecer o grao de aplicación da Estratexia integral española de cultura para todos nas diferentes entidades e administracións públicas.


Díaz Velázquez, E., et al., Informe 2017 sobre la aplicación de la Estrategia Integral Española de Cultura para Todos. Madrid, Real Patronato sobre Discapacidad, 2019, 159 p.

A Estratexia integral española de cultura para todos foi aprobada en Consello de Ministros o 29 de Julio de 2011 e creada co obxectivo de dar resposta ás necesidades e demandas de accesibilidade e inclusión á cultura das persoas con discapacidade, así como ás esixencias normativas nacionais e internacionais. Contempla deste xeito unha serie de medidas dirixidas a garantir a plena participación do colectivo nas diferentes esferas culturais e componse de dez obxectivos estratéxicos a partir dos cales se desenvolven de maneira detallada todas as liñas de actuación propostas. Neste informe preséntanse os principais resultados obtidos da avaliación realizada para coñecer o grao de aplicación da devandita estratexia nas diferentes entidades e administracións públicas. Para iso, recompiláronse os datos de actividades e servizos implementados nelas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017. A partir dos datos achegados polos organismos e entidades participantes, pódese afirmar que a aplicación da Estratexia integral española de cultura para todos neste período supuxo a implementación de 6400 actuacións específicas, que tiveron un custo aproximado de 2.357.328 euros e un número de beneficiarios estimado que alcanza as 1.794.170 persoas. Aínda que é evidente que os resultados alcanzados poderían ser aínda susceptibles de mellora, hai que destacar que se van consolidando as actuacións e medidas relacionadas coa accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade no ámbito da cultura .

https://www.siis.net/documentos/ficha/546377.pdf