Informe da explotación estatística do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (ano 2022). código IGE 2506-03-OE06

Xa se pode acceder aos datos actualizados do informe da explotación estatística do Ruepss, 2022

Informe da explotación estatística do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (ano 2022). Código IGE 2506-03-OE06

Este informe inclúese dentro da programación estatística anual da Consellería de Política Social publicada no Decreto 224/2022, do 29 de decembro (DOG nº 11, do 17.01.2023).

O Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (en diante RUEPSS) recolle a información referida ás entidades que desenvolven programas ou son titulares ou xestores de centros ou programas de servizos sociais, nos ámbitos de maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.

O RUEPSS configúrase, para o público e os profesionais de servizos sociais, como unha ferramenta para o coñecemento público dos servizos sociais, de planificación e de ordenación do Sistema galego de servizos sociais.

En calquera destas dúas ligazóns pódese acceder aos informes publicados desde 2011:

https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/publicaciones/informe-da-explotacion-estatistica-do-rexistro-unico-de-entidades-prestadoras

https://politicasocial.xunta.gal/es/recursos/asesoria-virtual-de-entidades/ruepss


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará