Informe de evaluación del Sistema de promoción de la Autonomía personal y Atención a las personas en situación de Dependencia (SAAD)
Informe de evaluación en el que tras analizar el estado de la cuestión sobre los Cuidados de Larga Duración (CLD) en el ámbito nacional y la Unión Europea, se destacan tanto las dimensiones estructurales como las transversales del SAAD.
Rodríguez, G., Marbán, V. (coords.), Informe de evaluación del Sistema de promoción de la Autonomía personal y Atención a las personas en situación de Dependencia (SAAD). Madrid, Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030, 2022, 578 p.
Transcorridos máis de 15 anos desde a posta en marcha da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía e Atención ás persoas en situación de Dependencia (LAPAD), pola que se crea o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), o Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (CTSSD) na súa reunión de outubro de 2020 e posteriormente, o Plan de Choque en Dependencia, aprobado polo Consello Territorial o 15 de xaneiro de 2021, e o Acordo da Mesa de Diálogo Social en Autonomía Persoal e Dependencia para a plena implementación do SAAD acordaron a realización ao longo de 2021 da avaliación do SAAD e a presentación das conclusións ao Consello Territorial no primeiro semestre de 2022. Froito dese acordo, preséntase este informe de avaliación no que tras analizar o estado da cuestión sobre os Coidados de Longa Duración (CLD) no ámbito nacional e a Unión Europea, destácanse tanto as dimensións estruturais como as transversais do SAAD.
Entre as dimensións estruturais que afectan o núcleo de desenvolvemento do SAAD e que son obxecto de análise destacan as seguintes: a normativa estatal, territorial e internacional que regula o SAAD; en segundo lugar, a análise do gasto público en dependencia, o seu financiamento e custos; en terceiro lugar, a cuantificación do emprego formal en dependencia, así como as características da contratación, a calidade do emprego e os salarios; en cuarto lugar, analízase a xestión do SAAD relacionada co sistema de prestacións e servizos e os procesos de acceso á valoración da situación de dependencia; en quinto lugar, analízase a estrutura da oferta de servizos de dependencia, así como o impacto macroeconómico do gasto en dependencia; finalmente, analízase o impacto das prestacións desde a perspectiva de lograr a máxima calidade de vida das persoas beneficiarias e a mellora da súa autonomía persoal.
Este informe analiza tamén dúas dimensións transversais relevantes no desenvolvemento da LAPAD: en primeiro lugar, a perspectiva de xénero mediante a análise da natureza do traballo de coidados informal e do emprego formal, sobre todo das mulleres, que son a poboación coidadora maioritaria; en segundo lugar, a perspectiva da discapacidade e a promoción da autonomía persoal, mediante unha análise da aplicación e alcance do SAAD desde o enfoque das persoas con discapacidade en situación de dependencia e a súa adecuación aos principios e dereitos recoñecidos na Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade (Convención).