Informe sobre a aplicación e a avaliación da Lei de inclusión social de Galicia, 2015
Xa está dispoñible en formato pdf o Informe anual de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia 2015 elaborado pola Subdirección Xeral de Inclusión e Integración Social.
A operación estatística (OE) 25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de inclusión social é unha operación elaborada pola Dirección Xeral de Inclusión Social e integrada no Programa estatístico anual (PEA) que cada ano publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Os datos que se ofrecen neste informe correspóndense cos do 2015
Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de inclusión social (Ficha estatística 25-602)