Informe sobre a situación demográfica de Galicia

O informe analiza de forma extensa ao longo de seis capítulos os aspectos fundamentais da situación demográfica de Galicia, tendo unha parte final dedicada a unha análise DAFO-CAME e varios Anexos.

Observatorio Gallego de Dinamización Demográfica ; Coordinadora: Rodríguez Galdo, María Xosé. – Informe sobre a situación demográfica de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección General de Familia, Infancia y Dinamización Demográfica, 2023. 254p.(Colección Informes do Observatorio Galego de Dinamización Demográficas).

Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en novembro de 2023. O informe analiza de forma extensa ao longo de seis  capítulos os aspectos fundamentais da situación demográfica de Galicia, tendo unha parte final dedicada a unha análise DAFO-CAME e varios Anexos.
Conforme coa misión do Observatorio téntase achegar unha resposta a preocupación polas dinámicas demográficas non só dos xestores públicos e privados senón tamén dun cada vez máis amplo sector da cidadanía galega. Quérese avanzar na interpretación e alcance dos comportamentos demográficos, evitando as visións curtopracistas.
Un Informe das características do aquí presentado nútrese en boa medida das fontes de datos e indicadores elaborados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) e polo INE (Instituto Nacional de Estatística), e tamén da recompilación das distintas series elaboradas por consellerías e organismos da Xunta de Galicia e por entidades provinciais e locais así como por diversos organismos ministeriais do Gobierno de España. Da súa utilización, e da inclusión puntual dalgunha outra fonte de datos como Eurostat, dáse conta nos distintos epígrafes.

 

Informe sobre a situación demográfica de Galicia


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará