La accesibilidad universal en la edificación : especial referencia en la propiedad horizontal
Esta obra examina o panorama existente en canto aos dereitos das persoas con discapacidade respecto da accesibilidade ás edificacións
Martínez Ortega, J.C., Pérez Velázquez, J.P., La accesibilidad universal en la edificación: especial referencia en la propiedad horizontal. Madrid, Fundación ONCE, Vía Libre, 2017, 154 p.
Esta obra examina, partindo do xeral ao particular, o panorama existente en canto aos dereitos das persoas con discapacidade respecto da accesibilidade ás edificacións. Comeza abordando os diferentes conceptos que van ser utilizados no estudo para, a continuación, profundar nas leis xerais sobre a materia, con especial referencia á Lei 26/2011 do 1 de agosto de adaptación normativa á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con discapacidade, incluíndo a nosa normativa constitucional, estatal e autonómica, a doutrina dos autores e a xurisprudencia. O capítulo terceiro desenvolve o concepto de accesibilidade tal como se regula nos edificios de nova planta e céntrase no estudo das achegas que realiza a Lei de Ordenación da Edificación e o Código Técnico da Edificación. O seguinte apartado céntrase na accesibilidade universal no réxime de propiedade horizontal e, para finalizar o estudo, recóllese unha completa exposición de problemas prácticos coas súas solucións correspondentes, acompañados dunha selecta recensión de sentenzas do Tribunal Supremo e audiencias provinciais. Hai que destacar que este documento foi o gañador do accésit na edición de 2016 do XV Premio Aequitas de investigación xurídica sobre persoas con discapacidade, inmigrantes, infancia, refuxiados ou outros grupos que carezan da debida protección, que anualmente convoca o Consello Xeral do Notariado Español para promover e premiar estudos sobre a inclusión social das persoas con discapacidade.