La atención a la dependencia en España. Evaluación del sistema actual y propuesta de implantación de un sistema basado en el derecho universal de atención suficiente por parte de los servicios públicos. Estudio de su viabilidad económica y de sus impactos económicos y sociales
O Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda edita este informe no que as autoras presentan unha proposta de modelo de coidados de longa duración para persoas dependentes maiores de 65 anos. Tamén expoñen un cambio radical do modelo de coidados vixente en España.
Martínez, Rosa; Roldán, Susana; Sastre, Mercedes. — La atención a la dependencia en España. Evaluación del sistema actual y propuesta de implantación de un sistema basado en el derecho universal de atención suficiente por parte de los servicios públicos. Estudio de su viabilidad económica y de sus impactos económicos y sociales. — Serie: Papeles de Trabajo n. 5/2018, Madrid, Instituto de Estudios Fiscales, 2018, 175 p. — ISSN.: 1578-0252. — NIPO:173-18-026-1
Neste documento realízase unha proposta de modelo de coidados de longa duración, baseada nun sistema universal de servizos públicos que cubran de forma adecuada e suficiente a demanda actual e prevista de coidados a persoas dependentes maiores de 65 anos, permitíndolles suplir a súa falta de autonomía persoal.
Para iso, en primeiro lugar revísanse os factores determinantes da demanda de coidados de longa duración relacionados coa dependencia e investígase a demanda actual en España utilizando diversos enfoques.
En segundo lugar, exponse un cambio radical do modelo de coidados vixente en España, propoñéndose un modelo que garanta o dereito universal aos coidados, así como os dereitos de todas as persoas implicadas nel: persoas dependentes, traballadoras e da contorna familiar. Así mesmo, estímase o seu custo, atendendo aos diversos escenarios de demanda e explóranse algunhas vías para o seu financiamento. Por último, analízanse os incrementos de recursos necesarios para implantar o sistema deseñado e estímanse os retornos, tanto económicos como sociais, esperados do modelo proposto.
http://www.ief.es/docs/destacados/publicaciones/papeles_trabajo/2018_05.pdf