La infancia marca. Análisis de los derechos de los niños y las niñas durante los últimos 100 años de historia de España

20. Febreiro 2020 Alertas

Con motivo do seu centenario, Save the Children España profunda sobre cal foi a evolución dos dereitos da infancia no noso país.


 

Del Moral, C., et al., La infancia marca. Análisis de los derechos de los niños y las niñas durante los últimos 100 años de historia de España. Madrid, Save the Children España, 2019, 67 p.

Unha mestra chamada Eglantyne Jebb fundou en 1919 en Reino Unido unha organización co obxectivo de protexer os dereitos máis básicos dos nenos e das nenas que sufrían os estragos da Primeira Guerra Mundial. Chamou a este movemento de defensa dos dereitos da infancia Save the Children. Desde entón pasaron 100 anos, tempo no que a organización foi crecendo, traballando na actualidade en máis de 120 países. Co obxectivo de conmemorar este centenario, desde Save the Children España botaron a vista atrás para profundar en cal foi a evolución dos dereitos da infancia no noso país. Cal era a situación dos nenos e as nenas españois en 1919? Que efectos tivo a guerra sobre a nosa infancia? Que supuxo a chegada da democracia? Cal é o estado dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes en 2019?

https://www.siis.net/documentos/ficha/541661.pdf