La revolución de la longevidad y su influencia en las necesidades de financiación de los mayores

04. Novembro 2016 Alertas

Engadimos ao noso blog esta nova bibliográfica referida ao  envellecemento demográfico e ás necesidades de financiación dos maiores


EstudioLongevidad_XI_PremioEV_final 1Devesa, J.E. (dir.), et al., La revolución de la longevidad y su influencia en las necesidades de financiación de los mayores. Fundación Edad & Vida, Madrid, 2016, 90 p.

O Premio Edad&Vida, na súa XI edición concedeuse ao proxecto “A revolución da lonxevidade e a súa influencia nas necesidades de financiamento dos maiores” que analiza as reformas introducidas no Sistema de pensións en España, os efectos sobre a súa sostibilidade e sobre a suficiencia da pensión pública e as preferencias e necesidades de financiamento das persoas maiores.

O estudo, foi elaborado por un equipo investigador das Universidades de Valencia, Extremadura e Castela-A Mancha, dirixido polo Dr. Enrique Devesa Carpio. Este estudo, achega os resultados dunha enquisa realizada a persoas maiores para coñecer o seu nivel de ingresos e o nivel e tipoloxía de gastos tras a xubilación. Finalmente, coa información recompilada e analizada nos dous primeiros apartados, desenvolve un simulador para estimar o aforro necesario durante a etapa activa para cubrir as necesidades económicas tras a xubilación, en función das características persoais e as preferencias do usuario. Unha ferramenta que achega unha información de gran valor para tomar decisións de previsión e aforro a longo prazo.

http://www.edad-vida.org/fitxers/publicacions/EstudioLongevidad_XI_PremioEV_final.pdf