Leer, imaginar, actuar. II Catálogo Cerlalc-IBBY de libros infantiles para el desarrollo sostenible

20. Xaneiro 2022 Alertas

Catálogo recompilatorio dunha listaxe de 72 libros infantís publicados no últimos dez anos de diferentes tipoloxías e xéneros e dirixido a docentes, bibliotecarios e familias co fin de fomentar a lectura entre nenos e nenas desde a primeira infancia


Centro Regional para el Fomento del Libro en América Latina y el Caribe –Cerlalc. — Leer, imaginar, actuar. II Catálogo Cerlalc-IBBY de libros infantiles para el desarrollo sostenible. Bogotá : Cerlalc, 2021. 60 p.

O catálogo recolle unha listaxe de 72 libros infantís publicados no últimos dez anos na rexión, relacionados na súa temática ou contido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, ODS 3 – Saúde e Benestar, e 4 – Educación de calidade. A selección, dirixida pola Xerencia de Lectura, Escritura e Bibliotecas do Cerlalc en coordinación coa Presidencia de IBBY LAC, estivo a cargo de 151 seccións nacionais de IBBY nos países de América Latina e o Caribe, e dá conta da enorme diversidade e riqueza da oferta editorial para o público infantil na rexión, cuxa calidade e nivel de desenvolvemento a consollidan hoxe como un dos segmentos máis importantes do sector.
A publicación reúne libros que se relacionan con estes ods, xa sexa na súa temática ou contido, e que, desde unha perspectiva na que priman a calidade literaria e a liberdade interpretativa do lector, brindan diversas visións, reflexións e posibilidades de acción ao redor destes dous temas que hoxe ocupan un lugar central para o desenvolvemento sustentable das nosas sociedades.

file:///T:/2022_Maquetas_Blog/Cat%C3%A1logo-Cerlalc-Ibby-2021-vr4.pdf