Leer para crecer: modelo para proyectos bibliotecarios con familias
Guía de referencia para bibliotecarios na que se dan pautas que serven para o deseño de proxectos sociais de fomento de lectura en familia e que potencian á súa vez o papel de mediador da biblioteca.
Leer para crecer: modelo para proyectos bibliotecarios con familias. INELI Iberoamérica, 2018
O programa International Network of Emerging Library Innovators ( INELI) é unha iniciativa creada pola Fundación Bill & Melinda Gates, dentro da estratexia Bibliotecas Globais (Global Libraries), co fin de construír redes de líderes bibliotecarios, dotados de competencias no desenvolvemento de servizos innovadores para a comunidade.
Trátase dun conxunto de ideas, pautas e instrucións que debe servir a calquera profesional que traballe nunha biblioteca para ser capaz de deseñar e executar proxectos sociais innovadores, que potencien a súa capacidade e o impacto da biblioteca na súa comunidade.
O modelo enténdese como unha guía de referencia que desde un enfoque innovador e práctico sirva para conducir o deseño de proxectos capaces de impulsar a revalorización, transformación e construción de sentidos, idearios e prácticas lectoras en familia. Expón para iso unha nova concepción do labor de mediación que debe realizar a biblioteca, establecendo pautas de traballo colaborativo con outros axentes sociais, educativos e políticos da contorna relacionados coa familia para poñer en marcha iniciativas que se convertan en auténticas iniciativas de intervención social capaces de alimentar a produción cultural e favorecer o desenvolvemento dos colectivos humanos.
https://bibliotecariosinnovadores.com/wp-content/uploads/2018/08/Leer-para-crecer.pdf