Los delitos de odio por motivos de discapacidad ¿Cómo identificarlos? ¿Cómo atajarlos? Guía informativa 2021

30. Agosto 2022 Alertas

O obxectivo do documento é dar a coñecer que son os delitos de odio cara as persoas con discapacidade, como recoñecelos e como actuar en caso de ter coñecemento de que se produciu.


Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI), Los delitos de odio por motivos de discapacidad ¿Cómo identificarlos? ¿Cómo atajarlos? Guía informativa 2021. Madrid, Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad, 2021, 8 p.

O obxectivo do documento é dar a coñecer que son os delitos de odio cara as persoas con discapacidade, como recoñecelos e como actuar en caso de ter coñecemento de que se produciu. A guía pon ao dispor das persoas con discapacidade os teléfonos aos que chamar e outros recursos aos que acudir e lembra que calquera delito de odio ha de ser denunciado ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado coa maior celeridade posible á súa comisión. Da mesma maneira, recomenda poñerse en contacto coa Garda Civil ou a Policía Nacional, achegar un documento de identidade, facilitar todo tipo de información acerca da actuación da que foi vítima ou testemuña e, en caso de sufrir unha lesión, acudir a un centro sanitario para ser atendido e solicitar un informe ou parte médico das lesións para achegalo posteriormente á denuncia. Por último, lémbrase que as persoas con discapacidade e as súas familias poden atopar apoio nas entidades, polo que deben dirixirse ás máis próximas ou afíns pedindo o seu acompañamento e soporte.

Delitos de odio por motivos de discapacidad