Los servicios sociales ante la pandemia. Retos, desafíos y respuestas hacia la nueva normalidad. [Informes, 2020]

15. Xaneiro 2021 Alertas

Os dous informes sobre a pandemia editados polo Instituto Nacional de Administración Pública en 2020 teñen como obxectivo contar como se está vivindo a pandemia desde a óptica dos Servizos Sociais


Monitor de Impacto de la Covid-19 sobre los Servicios Sociales, Los servicios sociales ante la pandemia: más demandas que atender y más retos ante la complejidad. Informe septiembre 2020. Madrid, Instituto Nacional de Administración Pública, 2020, 41 p.

Monitor de Impacto de la Covid-19 sobre los Servicios Sociales, Los servicios sociales ante la pandemia: más demandas que atender y más retos ante la complejidad. Informe noviembre 2020. Madrid, Instituto Nacional de Administración Pública, 2020, 41 p.

O Monitor de Impacto da Covid-19 sobre os servizos sociais, creado en setembro de 2020 e que estará en funcionamento ata setembro de 2021 é o encargado de realizar un seguimento detallado de como se están enfrontando aos retos derivados da pandemia.

Os Informes do Impacto da Covid-19 nos Servizos Sociais de Base (de setembro e novembro de 2020) teñen como obxectivo contar como se está vivindo a pandemia desde a óptica dos Servizos Sociais: que tipo de persoas están a acudir aos centros para pedir axuda; que axuda é a que máis se está pedindo; e como cambiou a forma de traballar de todo o persoal de Servizos Sociais para adaptarse ás limitacións impostas polas medidas de protección. O que se conta nestes dous informes está baseado nas entrevistas que se realizaron nos últimos dous meses a traballadoras e traballadores sociais de 52 Centros de Servizos Sociais en Andalucía, Aragón, Illas Baleares, Castela e León, Euskadi e Madrid.

Informe Setembro 2020

https://cendocps.carm.es/documentacion/2020_Informe_monitor_septiembre_servicios_sociales_COVID-19.pdf

Informe Novembro de 2020

https://www.ehu.eus/documents/10136/26418126/informe-monitor-impacto-servicios-sociales-11-2020..pdf/1f4ba6b4-e75e-700b-f5fd-c1ea43dced29?t=1610095143202