Medidas de prevención y control de riesgo de diseminación del Covi-19 y otras enfermedades infecciosas de transmisión por contacto (Incluído gotas) en las residencias de ancianos

11. Maio 2020 Alertas

O obxectivo deste documento é identificar, a través da literatura, todos aqueles elementos críticos, medidas e accións encamiñadas a previr e controlar os brotes orixinados polo COVID-19 ou outras enfermidades de transmisión por contacto (pingas incluídas) nas institucións destinadas ao coidado dos maiores.


Unidad de Asesoramiento Científico-Técnico de la Agencia del Conocimiento en Salud (Avalia-t). Medidas de prevención y control del riesgo de diseminación del COVID-19 y otras enfermedades infecciosas (incluido gotas) en las residencias de ancianos. Abril 2020. Santiago de Compostela; 2020.
No momento actual de pandemia por un novo coronavirus, SARS- CoV-2, que causa infección respiratoria aguda, viuse que as persoas institucionalizadas en residencias de maiores son especialmente vulnerables a este virus debido á súa avanzada idade, a que adoitan presentar patoloxías de base e comorbilidades, a que manteñen un contacto estreito con outras persoas (coidadores e convivientes) e ao longo tempo que pasan en contornas pechadas.
A mortalidade da poboación de idade avanzada é moi superior á da poboación xeral. Segundo a serie publicada polo Centro de Control de Enfermidades Chinés ( CCDC), para o total de 1023 mortes entre os casos confirmados (44 672) a letalidade bruta foi 2.3 %, mentres que a letalidade por grupos de idade foi do 3.6 % entre as persoas de 60 a 69 anos, do 8 % entre os 70 e 79 anos, e alcanzou o 14,8 % nos maiores de 80 anos.
A correcta preparación dos centros destinados a l coidado de maiores na adopción das medidas e accións necesarias para diminuír o contaxio e diseminación das enfermidades de transmisión por contacto (pingas incluído) traduciríase en: 1) a protección dunha poboación altamente vulnerable e susceptible de desenvolver complicacións graves, 2) unha menor demanda de atención sanitaria especializada (como en unidades de coidados intensivos), 3) unha redución do risco de contaxio do staff do centro e 4) nunha redución da transmisión de casos aos centros sanitarios ou á comunidade
Para a prevención e control das enfermidades de transmisión por contacto (pingas incluído) considerouse de interese desenvolver unha ferramenta automatizada ( checklist) que permita establecer o nivel de risco existente nos centros de maiores en función do seu grao de cumprimento cos estándares e protocolos de actuación recomendados.
O obxectivo deste documento é identificar, a través da literatura, todos aqueles elementos críticos, medidas e accións encamiñadas a previr e controlar os brotes orixinados polo COVID-19 ou outras enfermidades de transmisión por contacto (pingas incluídas) nas institucións destinadas ao coidado dos maiores.