Medidas para reducir la pobreza y la exclusión social de los niños y niñas y recomendaciones para la aplicación de la Garantía Infantil Europea en España
Este documento ten como obxectivo abordar a pobreza infantil e a exclusión social en España.
UNICEF, Medidas para reducir la pobreza y la exclusión social de los niños y niñas y recomendaciones para la aplicación de la Garantía Infantil Europea en España. UNICEF, Comisión Europea, 2021, 123 p.
A Garantía Infantil Europea ( GIE) ten como obxectivo facer fronte á vulnerabilidade socioeconómica dos nenos e nenas en Europa a través dun enfoque integrado, que busca asegurar que todos os nenos e nenas en Europa teñan garantido o acceso a unha educación infantil e atención á primeira infancia ( ECPI) gratuíta e de calidade, educación e atención sanitaria, unha nutrición adecuada e equilibrada, e unha vivenda digna. A satisfacción destas cinco necesidades básicas mediante plans de acción nacionais e europeos mellorará notablemente as condicións de vida e as oportunidades dos nenos e nenas en situación de desvantaxe. Este documento ofrece unha análise exhaustiva e baseada en evidencias das políticas públicas, os programas, os sistemas, os procesos e os mecanismos que nos últimos anos tiveron como obxectivo abordar a pobreza infantil e a exclusión social en España.