Memoria sobre la situación socioeconómica y laboral de España 2016
Xa se pode consultar a Memoria 2016 do Consello Económico e Social de España.
Consejo Económico y Social de España, Memoria sobre la situación socioeconómica y laboral de España 2016. Serie: Memorias n. 24, Madrid, Consejo Económico y Social de España, 2017, 731 p
Na súa última memoria socioecónomica, o Consello Económico e Social de España analiza, en primeiro lugar, o panorama económico internacional, europeo e estatal. O segundo capítulo aborda a situación do emprego, do diálogo social e dos distintos elementos do sistema de relacións laboráis, negociación colectiva, conflitos laborais, actuación xudicial e administrativa. O capítulo III, dedicado á calidade de vida e cohesión social, céntrase no sistema educativo nos seus distintos niveis, a situación da vivenda e as políticas que a ela se aplican, a situación ambiental e as políticas relacionadas co cambio climático. E máis concretamente, no ámbito da protección social, analízanse as prestacións do sistema de Seguridade Social e os seus beneficiarios, xunto á súa situación financeira, cunha análise específica do Sistema de atención á dependencia, e dos sistemas de asistencia social como as rendas mínimas de inserción.
http://www.ces.es/documents/10180/4959569/Memoria_Socioeconomica_CES2016.pdf