Monográfico sobre atención temprana. Actas de Coordinación Sociosanitaria
Este número monográfico ábrese con tres artigos marco que nos axudan a poñer a situación actual no contexto da atención temperá
Canal, R. (coord.), Monográfico sobre atención temprana. Actas de Coordinación Sociosanitaria , n. 24, 2019, 196 p.
Este número monográfico sobre atención temperá ábrese con tres artigos marco que nos axudarán a poñer a situación actual no seu contexto. O primeiro presenta unha visión histórica da implantación da atención temperá desde a súa orixe. No segundo artigo, o autor describe as dificultades de coordinación en atención temperá dos equipos educativos, sociais e de saúde. O marco complétase cunha análise da regulación da atención temperá como dereito aínda non expresamente recoñecido no ordenamento xurídico español no ámbito estatal. A continuación, outros catro artigos sitúannos en diferentes ópticas de intervención: o primeiro deles ofrece as liñas mestras do CERMI para a mellora nesta materia; o seguinte describe as características fundamentais do servizo na comunidade autónoma de Cantabria; a continuación móstranse as prioridades en Castela e León; e, por último, abórdase o papel das familias na intervención en menores con trastorno do espectro do autismo.
https://www.fundacioncaser.org/sites/default/files/adjuntos/fcaser_actas24_junio2019.pdf