Necesidades y dificultades en la conciliación de los tiempos cotidianos en Galicia (España)
O obxectivo deste artigo é estudar as principais dificultades das familias galegas con menores escolarizados en Educación primaria para conciliar coa súa vida familiar, profesional e laboral

O obxectivo deste artigo é estudar as principais dificultades que as familias galegas con menores escolarizados en educación primaria experimentan na conciliación da súa vida profesional, familiar e persoal, e como a súa situación laboral inflúe na harmonización dos devanditos tempos. Para iso, utilízase un cuestionario elaborado ad hoc co que se constata que case a metade das familias enquisadas ( n=2037) perciben dificultades debido ás responsabilidades profesionais. A porcentaxe diminúe cando os factores condicionantes son os tempos escolares e as necesidades persoais. Así mesmo, a situación laboral inflúe na harmonización das rutinas diarias, especialmente cando as familias teñen xornada completa. Estes datos sinalan que se require un proceso de cambio enfocado á mellora da conciliación dos pais e nais con menores escolarizados en Educación Primaria. O estudo pon de manifesto a dificultade que teñen as familias galegas para compaxinar tempos de traballo, de familia, de lecer e escolares, e consecuentemente a ineludible necesidade de adoptar unha serie de compromisos tanto por parte das institucións como por parte da sociedade no seu conxunto para mellorar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nestes ámbitos.