Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Abril 2020

04. Maio 2020 Normativa

Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en abril de 2020.

Orde do 2 de abril de 2020 pola que se aproban medidas en materia de investigación sanitaria nos centros do Sistema público de saúde de Galicia durante o período que dure a emerxencia sanitaria polo COVID-19. (DOG nº 68, do 07.04.2020).

Acordo do 3 de abril de 2020 polo que se establece a notificación obrigatoria dos casos e falecementos relacionados co COVID-19 por parte dos centros, servizos e establecementos sanitarios e sociosanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 68, do 07.04.2020).

Orde do 3 de abril de 2020 pola que se adoptan medidas extraordinarias no Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) dependente das xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria. (DOG nº 69, do 08.04.2020).

Resolución do 3 de abril de 2020 pola que se convocan, para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (códigos de procedemento VI482C e VI482D). (DOG nº 69, do 08.04.2020).

Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG415A). (DOG nº 72, do 15.04.2020).

Resolución do 16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 14 de abril de 2020. (DOG nº 74, do 17.04.2020).

Resolución do 8 de abril de 2020 pola que se fai público o Acordo do Consello Galego de Cooperativas do 7 de abril de 2020, polo que se autorizan as cooperativas galegas a destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19. (DOG nº 75, do 20.04.2020).

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420A). (DOG nº 76, do 21.04.2020).

Extracto da Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS420A). (DOG nº 76, do 21.04.2020).

Orde do 17 de abril de 2020 pola que se modifica a Orde do 2 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con carácter plurianual (códigos de procedemento VI432A e VI432B). (DOG nº 77, do 22.04.2020).

Resolución do 21 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 20 de novembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI434B). (DOG nº 78, do 23.04.2020).

Resolución do 22 de abril de 2020 pola que se invitan as empresas e outros operadores económicos para que manifesten o seu interese de acceder a unha liña de axudas aos investimentos para a fabricación de produtos relacionados co COVID-19. (DOG nº 78, do 23.04.2020).

Orde do 24 de abril de 2020 pola que se regula o procedemento e se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación dos anticipos regulados no Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e diversas entidades financeiras para a formalización de anticipos de prestacións por desemprego con orixe en expedientes de regulación temporal de emprego consecuencia da crise económica provocada polo COVID-19 (código de procedemento TR820X). (DOG nº 80, do 27.04.2020).

Resolución do 27 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 25 de abril de 2020. (DOG nº 80 bis, do 27.04.2020).

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará