Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Xaneiro 2020
Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en xaneiro de 2020.
Resolución do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI434B). (DOG nº 1, do 02.01.2020).
Resolución do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI460A). (DOG nº 1, do 02.01.2020).
Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2020 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (DOG nº 1, do 02.01.2020).
Resolución do 20 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS320A). (DOG nº 1, do 02.01.2020).
Resolución do 22 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI431A). (DOG nº 2, do 03.01.2020).
Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+ para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2019/20 (código de procedemento ED417A). (DOG nº 2, do 03.01.2020).
Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349T). (DOG nº 3, do 07.01.2020).
Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR342A). (DOG nº 3, do 07.01.2020).
Orde do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR350A). (DOG nº 3, do 07.01.2020).
Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR349R). (DOG nº 3, do 07.01.2020).
Resolución do 27 de decembro de 2019 pola que se publica a Resolución do 23 de decembro de 2019 que pon fin ao procedemento de concesión de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao abeiro da Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería. (DOG nº 3, do 07.01.2020).
Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2019/20, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A). (DOG nº 7, do 13.01.2020).
Resolución do 9 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 28 de decembro de 2018, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2019, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 8, do 14.01.2020).
Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020) (código de procedemento BS413A). (DOG nº 11, do 17.01.2020).
Extracto da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020) (código de procedemento BS413A). (DOG nº 11, do 17.01.2020).
Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño para iniciar a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS403G). (DOG nº 11, do 17.01.2020).
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño para iniciar a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de marzo de 2017, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS403G). (DOG nº 11, do 17.01.2020).
Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS410A). (DOG nº 12, do 20.01.2020).
Extracto da Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS410A). (DOG nº 12, do 20.01.2020).
Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B). (DOG nº 12, do 20.01.2020).
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B). (DOG nº 12, do 20.01.2020).
Corrección de erros. Lei 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020. (DOG nº 13, do 21.01.2020).
Orde do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de Programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR353B). (DOG nº 13, do 21.01.2020).
Resolución do 13 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das xustificacións presentadas ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2019. (DOG nº 14, do 22.01.2020).
Resolución do 14 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se realiza a publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos galegos destinadas á mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público, cofinanciadas polo programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018. (DOG nº 14, do 22.01.2020).
Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (código de procedemento TR351H). (DOG nº 16, do 24.01.2020).
Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR356A e TR356C). (DOG nº 16, do 24.01.2020).
Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS700A). (DOG nº 16, do 24.01.2020).
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS700A). (DOG nº 16, do 24.01.2020).
Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (código de procedemento BS213D). (DOG nº 16, do 24.01.2020).
Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña (código de procedemento BS213C). (DOG nº 16, do 24.01.2020).
Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR351F). (DOG nº 18, do 28.01.2020).
Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se aproba a Carta de servizos da Valedoría do Pobo de Galicia. (DOG nº 19, do 29.01.2020).
Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2020 (códigos de procedemento SI435B, SI435A, SI427B e SI435C). (DOG nº 21, do 31.01.2020).
Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2020, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento SA462B). (DOG nº 21, do 31.01.2020).
Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS212B). (DOG nº 21, do 31.01.2020).
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS212B). (DOG nº 21, do 31.01.2020).