Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Febreiro 2021

02. Marzo 2021 Normativa

Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en febreiro de 2021.

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR353B). (DOG nº 21, do 02.02.2021).

Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproba o Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2021 e a avaliación do ano 2020. (DOG nº 21, do 02.02.2021).

Resolución do 13 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021 (código de procedemento VI435A). (DOG nº 21, do 02.02.2021).

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR353A). (DOG nº 22, do 03.02.2021).

Resolución do 20 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2020. (DOG nº 23, do 04.02.2021).

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía social), e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento TR802G e TR802J). (DOG nº 25, do 08.02.2021).

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia. (DOG nº 26, do 09.02.2021).

Resolución do 8 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI449B). (DOG nº 28, do 11.02.2021).

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR356A e TR356C). (DOG nº 29, do 12.02.2021).

Orde do 11 de febreiro de 2021 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais nos centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar durante a folga indefinida convocada pola Confederación Nacional do Traballo (CNT) que comeza o día 18 de febreiro de 2021. (DOG nº 30, do 15.02.2021).

Decreto 26/2021, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. (DOG nº 30-Bis, do 15.02.2021).

Orde do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 30-Bis, do 15.02.2021).

Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para o reequilibrio financeiro dos centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) e empresas de inserción laboral (EIL) especialmente afectados pola crise do COVID-19 (código de procedemento TR341Y). (DOG nº , do 17.02.2021).

Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021. (DOG nº 33, do 18.02.2021).

Resolución do 4 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade da Resolución do 22 de xaneiro de 2021 pola que se encomenda ao Servizo Galego de Saúde a xestión das actuacións para a compra de material sanitario para facer fronte á pandemia da COVID-19. (DOG nº 34, do 19.02.2021).

Resolución do 4 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade da Resolución do 24 de agosto de 2020 pola que se encarga a Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico a esta consellería. (DOG nº 34, do 19.02.2021).

Orde do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021. (DOG nº 36, do 23.02.2021).

Resolución do 8 de febreiro de 2021 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 2 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2021 tramitada como expediente anticipado de gasto. (DOG nº 36, do 23.02.2021).

Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios. (DOG nº 36, do 23.02.2021).

Resolución do 17 de febreiro de 2021 pola que se publica a Resolución do 16 de febreiro de 2021 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D). (DOG nº 36, do 23.02.2021).

Resolución do 19 de febreiro de 2021 de concesión directa da axuda complementaria á do Programa de bono de alugueiro social. (DOG nº 36, do 23.02.2021).

Resolución do 28 de xaneiro de 2021, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 9 de novembro de 2020 de concesión de subvencións convocadas pola Orde do 4 de maio de 2020, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A). (DOG nº 38, do 25.02.2021).

Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. (DOG nº 38-Bis, do 25.02.2021).

Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 38-Bis, do 25.02.2021).

Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 38-Bis, do 25.02.2021).

Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. (DOG nº 39, do 26.02.2021).

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. (DOG nº 39, do 26.02.2021).

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará