Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Maio, 2019
Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en maiol de 2019.
Normativa DOG. Maio, 2019
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2019 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2018 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento (DOG núm. 83, do 02.05.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior (código de procedemento PR930C) (DOG núm. 85, do 06.05.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. ORDE do 12 de abril de 2019 pola que se establece o procedemento de recoñecemento e validación previsto no Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se regula o Rexistro de persoal docente acreditado para impartir a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero (códigos de procedemento SI500A e SI500B) (DOG núm. 86, do 07.05.2019) (corrección de erros en DOG nº 117 do 21.06.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 17 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento TR301K polo que se establecen as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2019-2021 (DOG núm. 86, do 07.05.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020 (DOG núm. 86, do 07.05.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (SI435B, SI435A, SI427B e SI435C) (DOG núm. 87, do 08.05.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 7 de maio pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas para a estadía e o tratamento dentro do programa de Benestar a través de talasoterapia 2019 (DOG núm. 89, do 10.05.2019)
Axencia Galega de Servizos Sociais. RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/dos para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña (DOG núm. 89, do 10.05.2019)
Axencia Galega de Servizos Sociais. RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/dos para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo (DOG núm. 89, do 10.05.2019)
Axencia Galega de Servizos Sociais. RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense (DOG núm. 89, do 10.05.2019)
Axencia Galega de Servizos Sociais. RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, pola que se publica a relación provisional de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra (DOG núm. 89, do 10.05.2019)
Consellería de Cultura e Turismo. ORDE do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura que promovan a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT236B) (DOG núm. 92, do 15.05.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 30 de abril de 2019 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (DOG núm. 92, do 15.05.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR341R) (DOG núm. 93, do 16.05.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 6 de maio de 2019, das axudas convocadas na Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021 (DOG núm. 93, do 16.05.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 9 de maio de 2019 das axudas convocadas pola Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 93, do 16.05.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 7 de maio de 2019 pola que se declara de utilidade pública a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (DOG núm. 95, do 21.05.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 20 de maio de 2019 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir a apertura dos centros de educación infantil 0-3 de titularidade pública con xestión externa durante a folga convocada polo sindicato F.E.CC.OO (DOG núm. 95, do 21.05.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2019 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e a corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento SI440A) (DOG núm. 96, do 22.05.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, e se convocan incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores (DOG núm. 161, do 25 de agosto de 2017) (DOG núm. 96, do 22.05.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 6 de abril) (DOG núm. 96, do 22.05.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 14 de maio de 2019 pola que se aproba a relación de persoas admitidas/excluídas e a lista de espera para cubrir prazas para a estadía e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2019 (DOG núm. 97, do 23.05.2019)
Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 9 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR352C) (DOG núm. 98, do 24.05.2019)
Consellería de Política Social. ORDE do 14 de maio de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería para o ano 2019 (código de procedemento BS419A) (DOG núm. 98, do 24.05.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI449B) (DOG núm. 101, do 29.05.2019)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. DECRETO 53/2019, do 23 de maio, polo que se crea e se regula a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes (DOG núm. 102, do 31.05.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 102, do 31.05.2019)
Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 20 de maio de 2019 respecto das axudas para o programa de iniciativas locais destinadas á xuventude, ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 102, do 31.05.2019)
Axencia Galega de Servizos Sociais. RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2019 pola que se publican as resolucións do 24 de maio de 2019 polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia admitidas/os e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia (DOG núm. 102, do 31.05.2019)
Axencia Galega de Servizos Sociais. RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2019 pola que se publican as resolucións do 23 de maio de 2019, das xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia (DOG núm. 102, do 31.05.2019)