Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Maio 2020

01. Xuño 2020 Normativa

Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en maio de 2020.

Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020. (DOG nº 86, do 06.05.2019).

Orde do 6 de maio de 2020 pola que se aproban medidas para aplicar nos servizos de transporte público de viaxeiros de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 88, do 08.05.2019).

Resolución do 29 de abril de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 3 de marzo de 2020, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvenciones correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2020 (PR924B). (DOG nº 88, do 08.05.2019).

Resolución do 8 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de maio de 2020, polo que se aproba o Protocolo polo que se establecen a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao COVID-19. (DOG nº 89, do 09.05.2019).

Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A). (DOG nº 90, do 11.05.2019).

Extracto da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A). (DOG nº 90, do 11.05.2019).

Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se acorda levantar a paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento polo que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/21 e a súa continuación. (DOG nº 93, do 14.05.2019).

Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se acorda levantar a paralización da aprobación e publicación das bases do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21 e do procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2020/21 e a súa continuación. (DOG nº 93, do 14.05.2019).

Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se levanta a paralización da aprobación das bases do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2020/21. (DOG nº 93, do 14.05.2019).

Orde do 27 de abril de 2020 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2020/21 (código de procedemento BS402G). (DOG nº 94, do 15.05.2019).

Resolución do 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2020, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020). (DOG nº 94, do 15.05.2019).

Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2020/21 (código de procedemento BS402B). (DOG nº 94, do 15.05.2019).

Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21 (códigos de procedemento BS402A e BS402F). (DOG nº 94, do 15.05.2019).

Resolución do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2020/21 (códigos de procedemento BS404A e BS404B). (DOG nº 94, do 15.05.2019).

Resolución do 15 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de maio de 2020, sobre o necesario entendemento da declaración de situación de emerxencia sanitaria no marco xurídico derivado do estado de alarma. (DOG nº 95, do 18.05.2019).

Decreto 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia. (DOG nº 96, do 19.05.2019).

Resolución do 18 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade de diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 16 de maio de 2020. (DOG nº 96, do 19.05.2019).

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B). (DOG nº 96, do 19.05.2019).

Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI437A). (DOG nº 98, do 22.05.2019).

Resolución do 13 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI427A). (DOG nº 98, do 22.05.2019).

Corrección de erros. Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A). (DOG nº 98, do 22.05.2019).

Resolución do 19 de maio de 2020 de concesión directa da axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero. (DOG nº 98, do 22.05.2019).

Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E). (DOG nº 98, do 22.05.2019).

Resolución do 19 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución da mesma data que finaliza o procedemento BS700A de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2020, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. (DOG nº 100, do 26.05.2019).

Resolución do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica parcialmente a Resolución do 3 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020, afectada polas consecuencias do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria causada polo COVID-19. (DOG nº 101, do 27.05.2019).

Orde do 19 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 4 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR353B), como consecuencia da situación creada pola evolución da epidemia do COVID-19. (DOG nº 101, do 27.05.2019).

Orde do 18 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 102, do 28.05.2019).

Resolución do 26 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecido na Resolución do 24 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR905A). (DOG nº 103, do 29.05.2019).

Decreto 74/2020, do 29 de maio, polo que amplía o período de loito oficial en Galicia, declarado polo Decreto 65/2020, do 30 de abril, por mor dos pasamentos producidos como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19. (DOG nº 103-bis, do 29.05.2019).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará