Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Xullo, 2019

06. Agosto 2019 Normativa

Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en xullo de 2019.


DOG. Xullo, 2019

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 17 de decembro de 2018, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG, núm. 124, do 02.07.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 19 de xuño de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 25 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 15 de abril) (DOG, núm. 124, do 02.07.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508B) (DOG, núm. 126, do 04.07.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 24 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG, núm. 126, do 04.07.2019) (Modificada no DOG núm. 202, do 23.10.2019)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (código de procedemento SI429A) (DOG, núm. 127, do 05.07.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 21 de xuño de 2019 pola que se determinan as bases reguladoras e se convocan prazas de persoas colaboradoras bolseiras para as residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2019/20 (código de procedemento BS303C) (DOG, núm. 127, do 05.07.2019)

Instituto Galego da Vivenda e Solo. RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se convocan as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para o ano 2019, con financiamento plurianual (código de procedemento VI482C) (DOG, núm. 131, do 11.07.2019)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (SI427A) (DOG, núm. 132, do 12.07.2019)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento SI451A) (DOG, núm. 134, do 16.07.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 27 de xuño de 2019, do procedemento BS324C, de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG, núm. 134, do 16.07.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 1 de xullo de 2019, relativa á primeira adxudicación, en fase de resultas, do uso de instalacións xuvenís ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2019 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes desta consellería en réxime de oferta concertada durante a Campaña de verán 2019 (DOG, núm. 134, do 16.07.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 26 de xuño de 2019 pola que se finaliza o procedemento BS700A, de concesión de subvencións destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG, núm. 134, do 16.07.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG, núm. 137, do 19.07.2019) (Corrección de erros en DOG nº 151, do 09.08.2019)

Consellería de Economía, Emprego e Industria. RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG, núm. 138, do 22.07.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexen o programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG, núm. 138, do 22.07.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 9 de xullo de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciado mediante a Orde do 5 de xuño de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 113, do 17 de xuño) (DOG, núm. 138, do 22.07.2019)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (DOG, núm. 140, do 24.07.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 16 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019, 2020, 2021 e 2022 (código de procedemento BS403C) (DOG, núm. 142, do 29.07.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508C) (DOG, núm. 142, do 29.07.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 22 de xullo de 2019 do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG, núm. 144, do 31.07.2019)