Normativa de ámbito social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Xuño, 2019

03. Xullo 2019 Normativa

Recollemos para a súa consulta, normativa de ámbito social publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en xuño de 2019.


Normativa DOG. Xuño, 2019

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI461A) (DOG núm. 103, do 03.06.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 14 de maio de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada mediante a Orde do 26 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 15 de abril) (DOG núm. 106, do 06.06.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se declara de interese galego a Fundación Tutelar Chamorro e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego (DOG núm. 107, do 07.06.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 108, do 10.06.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 29 de maio de 2019 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20 (DOG núm. 110, do 12.06.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento BS614A) (DOG núm. 111, do 13.06.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 3 de xuño de 2019 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa Voluntariado Sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento BS508C) (DOG núm. 112, do 14.06.2019)

Consellería de Política Social. ORDE do 5 de xuño de 2019 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (DOG núm. 113, do 17.06.2019)

Consellería de Economía, Emprego e Industria. RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se declara de interese galego e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social (DOG núm. 114, do 18.06.2019)

Instituto Galego da Vivenda e Solo. RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019, con financiamento plurianual (código de procedemento VI432D) (DOG núm. 115, do 19.06.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos de atención temperá no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 116, do 20.06.2019)

Consellería de Economía, Emprego e Industria. ORDE do 14 de xuño de 2019 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V) e se procede á ampliación do prazo de presentación de solicitudes da súa convocatoria (DOG núm. 117, do 21.06.2019)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (procedemento BS324A) (DOG núm. 117, do 21.06.2019)

Consellería de Sanidade. ORDE do 12 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario (código de procedemento SA803A) (DOG núm. 121, do 27.06.2019)