Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Maio 2017

31. Maio 2017 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de maio de 2017

Orde do 10 de abril de 2017 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial Aspaber, de Carballo (A Coruña). (DOG nº 83, do 02.05.2017).

Orde do 11 de abril de 2017 pola que se publica o modelo actualizado de solicitude de complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva para a súa presentación na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 83, do 02.05.2017).

Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 84, do 03.05.2017).

Orde do 2 de maio de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017. (DOG nº 87, do 08.05.2017).

Resolución do 20 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de abril de 2016 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación durante o ano 2016, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 87, do 08.05.2017).

Resolución do 28 de abril de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2017/18. (DOG nº 89, do 10.05.2017).

Orde do 3 de de maio de 2017 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 91, do 12.05.2017).

Extracto da Orde do 3 de maio de 2017 pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 91, do 12.05.2017).

Orde do 2 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede a súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 92, do 15.05.2017).

Extracto da Orde do 2 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 92, do 15.05.2017).

Decreto 47/2017, do 27 de abril, polo que se aproban os estatutos e a modificación da denominación do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais de Galicia por Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. (DOG nº 94, do 18.05.2017).

Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a prórroga das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2017. (DOG nº 94, do 18.05.2017).

Resolución do 5 de maio de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras que se acollan á redución da súa xornada de traballo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 95, do 19.05.2017).

Orde do 8 de maio de 2017 pola que se ratifica o acordo de extinción da Fundación Madre Trinidad e se dispón a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. (DOG nº 95, do 19.05.2017).

Orde do 12 de maio de 2017 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 95, do 19.05.2017).

Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión da subvención especial e da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo. (DOG nº 96, do 22.05.2017).

Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 96, do 22.05.2017).

Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR807I). (DOG nº 97, do 23.05.2017).

Resolución do 10 de maio de 2017 pola que se actualizan os prezos das escolas infantís dependentes desta axencia. (DOG nº 97, do 23.05.2017).

Orde do 12 de maio de 2017 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 98, do 24.05.2017).

Extracto da Orde do 12 de maio de 2017 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos, a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 98, do 24.05.2017).

Orde do 9 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2017. (DOG nº 100, do 29.05.2017).

Resolución do 8 de maio de 2017 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2016 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. (DOG nº 100, do 29.05.2017).

Orde do 15 de maio de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 101, do 30.05.2017).

Orde do 11 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de infravivenda do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 101, do 30.05.2017).

Resolución do 23 de maio de 2017 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2017/18 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña. (DOG nº 102, do 31.05.2017).

Resolución do 23 de maio de 2017 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2017/18 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo. (DOG nº 102, do 31.05.2017).

Resolución do 23 de maio de 2017 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2017/18 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense. (DOG nº 102, do 31.05.2017).

Resolución do 23 de maio de 2017 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2017/18 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra. (DOG nº 102, do 31.05.2017).

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará