Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Marzo de 2017

06. Abril 2017 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de marzo de 2017

Orde do 8 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 44, do 03.03.2017).

Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se convoca e establece o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2017/18. (DOG nº 47, do 08.03.2017).

Resolución do 28 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2017/18. (DOG nº 47, do 08.03.2017).

Resolución do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2017/18. (DOG nº 47, do 08.03.2017).

Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 50, do 13.03.2017).

Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 52, do 15.03.2017).

Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos de procedemento IN412E-IN412F). (DOG nº 52, do 15.03.2017).

Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 53, do 16.03.2017).

Resolución do 8 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Pablo Beiro. (DOG nº 56, do 21.03.2017).

Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301V). (DOG nº 57, do 22.03.2017).

Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento. (DOG nº 58, do 23.03.2017).

Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2017. (DOG nº 59, do 24.03.2017).

Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (DOG nº 59, do 24.03.2017 e corrección de erros no DOG nº 60, do 27.03.2017).

Resolución do 17 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 59, do 24.03.2017 e corrección de erros no DOG nº 60, do 27.03.2017).

Orde do 7 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301K). (DOG nº 59, do 24.03.2017).

Resolución do 15 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se declara de interese galego a Fundación Dr. Severiano Campos e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. (DOG nº 60, do 27.03.2017).

Resolución do 21 de marzo de 2017 pola que se convocan cursos para persoal da Administración local de Galicia. (DOG nº 62, do 29.03.2017).

Resolución do 22 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e convoca para o ano 2017 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior. (DOG nº 63, do 30.03.2017).

Resolución do 22 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para persoas residentes no exterior durante o ano 2017. (DOG nº 63, do 30.03.2017).

Orde do 28 de marzo de 2017 pola que se amplía o prazo para a xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao exercicio 2016, así como para a presentación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondente ao ano 2017. (DOG nº 64, do 31.03.2017).

Resolución do 13 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 23 de febreiro de 2016, pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 64, do 31.03.2017).