Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Outubro, 2018

06. Novembro 2018 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas de ámbito social publicadas no DOG en outubro de 2018


Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021 (DOG núm. 189, do 03.10.2018)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 12 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2018 (código de procedemento SI452A) (DOG núm. 190, do 04.10.2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 24 de setembro de 2018 pola que se ratifica o acordo de extinción da Fundación Fuertes e se dispón a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego (DOG núm. 190, do 04.10.2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 28 de setembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 12 de setembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG núm. 190, do 04.10.2018) (Corrección de errores en DOG núm. 194, do 10.10.2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2018, da Presidencia do Consello Galego de Benestar Social, pola que se convoca o procedemento de elección para a representación das entidades prestadoras de servizos sociais e das asociacións e organizacións sen fins de lucro que traballen en favor da integración das persoas inmigrantes no Consello Galego de Benestar Social (DOG núm. 191, do 05.10.2018)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución de xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (SI440A) (DOG núm. 193, do 09.10.2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2018 (DOG núm. 195, do 11.10.2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xullo de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2018, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia (2014-2020) (DOG núm. 198, do 17.10.2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 21 de agosto de 2018, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes no Complexo Residencial LUG, para o curso académico 2018/19 (DOG núm. 199, do 18.10.2018)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 16 de xullo) (DOG núm. 200, do 19.10.2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 9 de outubro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para a promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 200, do 19.10.2018) (Corrección de erros en DOG núm. 208, do 31.10.2018)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. DECRETO 131/2018, do 10 de outubro, polo que se crea e se regula o Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero (DOG núm. 201, do 22.10.2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 7 de agosto de 2018 pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na residencia xuvenil Altamar, para o curso académico 2018/19 (DOG núm. 201, do 22.10.2018)

Consellería de Política Social. RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 20 de agosto de 2018 que aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense para o curso académico 2018/19 (DOG núm. 202, do 23.10.2018)

Consellería de Política Social. ORDE do 16 de outubro de 2018 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2018 (DOG núm. 206, do 29.10.2018)