Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Setembro, 2016

07. Outubro 2016 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de setembro

Orde do 16 de xuño de 2016 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2016/17. (DOG nº 165, do 01.09.2016).

Resolución do 1 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016. (DOG nº 168, do 05.09.2016).

Orde do 1 de setembro de 2016 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2016/17. (DOG nº 176, do 15.09.2016).

Orde do 12 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (código de procedemento TR363A). (DOG nº 181, do 22.09.2016).

Resolución do 29 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Igualdade, Xénero e Educación. (DOG nº 184, do 27.09.2016).

Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia. (DOG nº 187, do 30.09.2016).

Orde do 19 de setembro de 2016 pola que se crea e regula a carpeta persoal de saúde. (DOG nº 187, do 30.09.2016).