Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Setembro 2017

02. Outubro 2017 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de setembro de 2017

Decreto 82/2017, do 28 de xullo, polo que se modifica o Decreto 1/2014, do 9 de xaneiro, polo que se regula a creación do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero. (DOG nº 166, do 01.09.2017).

Corrección de erros. Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (DOG nº 167, do 04.09.2017).

Corrección de erros. Orde do 19 de xullo 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 170, do 07.09.2017).

Orde do 29 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017. (DOG nº 171, do 08.09.2017).

Orde do 1 de setembro de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento dos centros de protección de menores dependentes de entidades de iniciativa social e se convocan para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. (DOG nº 172, do 11.09.2017).

Decreto 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2018. (DOG nº 175, do 14.09.2017).

Resolución do 12 de setembro de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Como traballar a educación emocional infantil. (DOG nº 180, do 21.09.2017).

Orde do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan subvencións no ámbito de colaboración coas entidades locais para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local para o exercicio 2017. (DOG nº 183, do 26.09.2017).

Orde do 11 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contratar axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2017. (DOG nº 183, do 26.09.2017).

Orde do 14 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (procedemento TR363A). (DOG nº 186, do 29.09.2017).

Orde do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas. (DOG nº 186, do 29.09.2017).

Orde do 27 de setembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de maio de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). (DOG nº 186, do 29.09.2017).

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará