Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Setembro, 2018

05. Outubro 2018 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas de ámbito social publicadas no DOG en setembro de 2018


Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. DECRETO 102/2018, do 27 de setembro, polo que se dispón o cesamento de Fabiola García Martínez como directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (DOG nº 186 do 28.09.2018)

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplían os prazos de resolución e presentación da documentación xustificativa e da solicitude de pagamento, establecidos na Resolución do 15 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018 (SI440A)(DOG nº 186 do 28.09.2018)