Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Xullo 2018

01. Agosto 2018 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de xullo de 2018

Orde do 21 de xuño de 2018 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2018/19. (DOG nº 126, do 03.07.2018).

Extracto da Orde do 21 de xuño de 2018 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2018/19. (DOG nº 126, do 03.07.2018).

Resolución do 19 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018. (DOG nº 127, do 04.07.2018).

Orde do 28 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D). (DOG nº 127, do 04.07.2018).

Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 128, do 05.07.2018).

Resolución do 21 de maio de 2018 pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión á Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa) para o ano 2018, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, cun máximo do 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. (DOG nº 130, do 09.07.2018).

Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020). (DOG nº 131, do 10.07.2018).

Extracto da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020). (DOG nº 131, do 10.07.2018).

Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020). (DOG nº 132, do 11.07.2018).

Extracto da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020). (DOG nº 132, do 11.07.2018).

Resolución do 3 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019. (DOG nº 135, do 16.07.2018).

Orde do 5 de xullo de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de renda de integración social de Galicia (Risga), e se aproba a súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 135, do 16.07.2018).

Decreto 72/2018, do 12 de xullo, polo que se modifica o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social. (DOG nº 138, do 19.07.2018).

Orde do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 139, do 20.07.2018).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará