Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Xuño 2018

06. Xullo 2018 Normativa

Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de xuño de 2018

Orde do 15 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 103, do 01.06.2017).

Resolución do 30 de abril de 2018 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2017 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. (DOG nº 105, do 04.06.2018).

Resolución do 18 de maio de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2018. (DOG nº 105, do 04.06.2018).

Orde do 25 de maio de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019. (DOG nº 106, do 05.06.2018).

Extracto da Orde do 25 de maio de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019. (DOG nº 106, do 05.06.2018).

Resolución do 5 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2017, pola que se establecen as bases que rexen as subvencións a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 106, do 05.06.2018).

Resolución do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de maio de 2017, pola que se regulan as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (DOG nº 107, do 06.06.2018).

Orde do 29 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019. (DOG nº 110, do 11.06.2018).

Extracto da Orde do 29 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019. (DOG nº 110, do 11.06.2018).

Resolución do 31 de maio de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2018 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior (código de procedemento PR930C). (DOG nº 111, do 12.06.2018).

Orde do 30 de maio de 2018 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2018/19. (DOG nº 111, do 12.06.2018).

Corrección de erros. Resolución do 17 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publican as subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial, en virtude da Orde do 11 de abril de 2017 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 113, do 14.06.2018).

Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V). (DOG nº 114, do 15.06.2018).

Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento TR332A). (DOG nº 118, do 21.06.2018).

Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020). (DOG nº 121, do 26.06.2018).

Extracto da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020). (DOG nº 121, do 26.06.2018).

Orde do 7 de xuño de 2018 pola que que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación das mulleres desempregadas, cofinanciado polo PO FSE Galicia 2014-2020, e a formación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (DOG nº 122, do 27.06.2018).

Resolución do 26 de xuño de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura dunha lista para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo V, categoría 003 (ordenanza e outras), en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. (DOG nº 122, do 27.06.2018).

Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual. (DOG nº 123, do 28.06.2018).

Orde do 19 de xuño de 2018 pola que se modifica a Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 124, do 29.06.2018).

Extracto da Orde do 19 de xuño de 2018 pola que se modifica a Orde do 19 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nadas/os no ano 2018 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 124, do 29.06.2018).


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará