Normativa de Política Social. Diario Oficial de Galicia (DOG). Maio, 2016
Recollemos para a súa consulta unha selección de normas relacionadas coas políticas sociais e publicadas no DOG ao longo do mes de maio
- Corrección de erros. Orde do 18 de abril de 2016 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2016/17. (DOG nº 84, do 03.05.2016).
- Orde do 21 de abril de 2016 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación durante o ano 2016, e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 84, do 03.05.2016).
- Orde do 19 de abril de 2016 pola que se regulan as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 85, do 04.05.2016).
- Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional). (DOG nº 86, do 06.05.2016).
- Resolución do 25 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación co Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. (DOG nº 87, do 09.05.2016).
- Resolución do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2016 o programa de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior. (DOG nº 87, do 09.05.2016).
- Resolución do 27 de abril de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2016 e 2017. (DOG nº 88, do 10.05.2016).
- Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia. (DOG nº 93, do 18.05.2016).
- Resolución do 3 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 27 de marzo de 2015, pola que se establecen as bases do programa Deseñando o teu futuro e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia número 67, do 10 de abril). (DOG nº 93, do 18.05.2016).
- Orde do 6 de maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019. (DOG nº 96, do 23.05.2016).
- Resolución do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2016/17 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais na provincia de Pontevedra. (DOG nº 101, do 30.05.2016).
- Resolución do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2016/17 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais na provincia de Ourense. (DOG nº 101, do 30.05.2016).
- Resolución do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2016/17 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais na provincia de Lugo. (DOG nº 101, do 30.05.2016).
- Resolución do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2016/17 nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais na provincia da Coruña. (DOG nº 101, do 30.05.2016).
- Corrección de erros. Resolución do 5 de abril de 2016 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2015 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. (DOG nº 102, do 31.05.2016).