Nova bibliográfica de acollemento e adopción de menores no Boletín del Ministerio de Justicia

27. Xuño 2016 Alertas

Xa se pode acceder ao novo número do Boletín Género y Familia editado por Siis, Centro de Documentación y Estudios da Fundación Eguía Careaga. Informa sobre a seguinte nova bibliográfica


512645López Azcona, Aurora. Luces y sombras del nuevo marco jurídico en materia de acogimiento y adopción de menores: a propósito de la Ley Orgánica 8/2015 y la Ley 26/2015 de modificación del sistema de protección a la infancia y adolescencia. Boletín del Ministerio de Justicia, vol. LXX, n. 2185, Madrid, 2016, 89 p. 

Enlace web

Este traballo pretende ofrecer un exame detallado -e crítico de ser necesario- da nova regulación estatal en materia de acollemento e adopción de menores, tal e como foi articulada pola Lei Orgánica 8/2015 e a Lei 26/2015 de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia. Ambas as dúas leis, moi ambiciosas, nacen co propósito de reformar o sistema español de protección de menores á luz dos últimos convenios internacionais ratificados por España e, o que é máis importante, dotar a todo o territorio español dun marco xurídico uniforme sobre a materia; obxectivo este que se revela moi necesario, dada a diversidade normativa existente ao respecto, dende o momento en que a práctica totalidade das Comunidades Autónomas dispoñen da súa propia lexislación de menores. Deste modo, as figuras do acollemento e adopción, incluída a internacional, foron obxecto dunha profunda revisión tanto en orde á súa constitución, modalidades e efectos baixo o prisma do interese superior do menor. As seguintes liñas dedícanse a analizar as principais novidades do seu novo réxime xurídico dende unha perspectiva civil, sen renunciar a abordar as importantes dúbidas interpretativas que formula.