Objetivos del Desarrollo Sostenible (ODS) y la Infancia (CDSSA. Dosier temático ; 2)

21. Novembro 2018 Alertas

O Centro de Documentación de Servizos Sociais do Principado de Asturias ofrece dossiers temáticos de fontes de información dispoñibles sobre temas de actualidade de ámbito social e destinados a profesionais, estudantes e persoas interesadas en temáticas sociais.


Objetivos del Desarrollo Sostenible (ODS) y la Infancia / Ana Bernardo Suárez, Luis Miguel Bermúdez Álvarez, Carlos Manuel Becedóniz Vázquez. — [Oviedo] : Consejería de Servicios y Derechos Sociales, Dirección General de Planificación, Ordenación e Innovación Social do Principado de Asturias, 2018. 10 p. — (Dossier temático CDSSA ; 2)

https://www.socialasturias.es/dossieres-tematicos-especializados/centro-de-documentacion/dossieres–tematicos_852_1_ap.html

Este número está dedicado aos ODS e á infancia e editado en conmemoración do día 20 de novembro, Día Universal da Infancia

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (2015-2030) tamén coñecidos polas súas siglas ODS son unha iniciativa impulsada por Nacións Unidas para dar continuidade á axenda de desenvolvemento tras os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio ( ODM). Son 17 obxectivos e 169 metas propostos como continuación dos ODM incluíndo novas esferas como o cambio climático, a desigualdade económica, a innovación, o consumo sustentable e a paz e a xustiza, entre outras prioridades. Tras un proceso de negociación sobre os ODS a Asemblea Xeral aprobou unha Axenda que leva por título “Transformar o noso mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable” e que entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2016.

A maneira máis eficaz de lograr obxectivos sociais de carácter inclusivo e sustentable a longo prazo consiste en prestar atención ás necesidades da infancia. As garantías de benestar e o exercicio dos dereitos de todos os nenos e as nenas (incluídos migrantes e refuxiados) non só constitúen un compromiso adoptado polos Estados signatarios da Convención sobre os Dereitos do Neno; tamén representan unha condición fundamental para a consecución de obxectivos de desenvolvemento a longo prazo. O logro dos ODS consiste en garantir que as xeracións futuras gocen das mesmas oportunidades de que gozou a xeración actual.