Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018

Publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Decreto  131/2017, do 21 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual (PEA) da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018


O Plan galego de estatística 2017-2021 prevé que nos programas estatísticos anuais inclúan a relación de operacións, actividades estatísticas e actividades de interese estatístico que satisfagan os seus obxectivos.  Cada ano, o Instituto Galego de Estatística elabora o programa estatístico anual que logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia se publica no DOG.

O PEA 2018 publícase no DOG o Decreto  131/2017, do 21 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual (PEA) da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 (DOG nº. 246 do 29.12.2017) https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171229/AnuncioCA01-221217-0003_gl.pdf 

No anexo II do dito Decreto  relaciónanse as operacións e actividades estatísticas por organismo responsable.

Na actualidade a Consellería de Política Social elabora  as seguintes operacións e actividades estatísticas:

  • 2102-01-OE05 Estatística de familias numerosas: en curso
  • 2503-01-OE05 Estatística sobre persoas beneficiarias da Risga e das axudas de inclusión social: en curso
  • 2506-02-OE05 Estatística de protección de menores: en curso
  • 2506-03-OE05 Explotación do Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais: en curso
  • 2507-01-OE05 Explotación do censo de persoas con discapacidade: en curso
  • 2511-03-AE05 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores.

Se quere consultar os datos estatísticos de cada operación pode acceder desde o Portal de Política Social pinchando no menú de Estatísticas:

Estatísticas da Consellería de Política Social

http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/estatisticas1