Protocolo de Psicología en la enfermedad de Parkinson

25. Abril 2022 Alertas

Este protocolo concíbese como unha ferramenta para axudar ao traballo dos psicólogos e as psicólogas con persoas que teñen a enfermidade de Parkinson.


Márquez, V. M. (coord.), Protocolo de Psicología en la enfermedad de Parkinson. Madrid, Federación Española de Parkinson, Real Patronato sobre Discapacidad, 2021, 61 p.

As asociacións de párkinson traballan desde un enfoque de atención integral centrado na persoa e de maneira individualizada. Pero, para que poidan realizar esta importantísima labor, necesitan contar con profesionais de diversas áreas de intervención. Estes/ as profesionais, ademais de formación e experiencia no seu ámbito, precisan un coñecemento específico do traballo que se realiza coas persoas con enfermidade de Parkinson e as súas familias. É por iso polo que, no ano 2018, a Federación Española de Parkinson puxo en funcionamento os foros profesionais, unha actividade enmarcada no proxecto AMÁS: Apoio ao Movemento Asociativo Párkinson. O seu obxectivo é fomentar o contacto e a transferencia do coñecemento entre profesionais das principais áreas das asociacións. En concreto, das áreas profesionais de Traballo Social, Psicoloxía, Fisioterapia, Logopedia e Terapia Ocupacional.

A principios do ano 2020, despois de dous anos de funcionamento dos foros, expúxose a necesidade de que cada unha destas áreas puidesen contar cun protocolo que unificase a abordaxe da EP, e guiase aos/ as profesionais de cada disciplina que se incorporan a unha asociación ou a aqueles/ as de asociacións pequenas que non contan cos medios nin a experiencia das máis grandes. Estes protocolos, elaborados por profesionais das asociacións de párkinson con apoio de consellos profesionais, teñen como vocación converterse nun referente de calidade na atención a persoas con enfermidade de Parkinson e as súas familias desde cada área.

Este protocolo concíbese como unha ferramenta para axudar ao traballo dos psicólogos e as psicólogas con persoas que teñen a enfermidade de Parkinson. Contén diferentes propostas de intervención e actuación nas distintas tarefas que pode levar a cabo o profesional en psicoloxía.

https://www.siis.net/documentos/ficha/569058.pdf