Radiografía del Tercer Sector Social en España: retos y oportunidades en un entorno cambiante

21. Agosto 2018 Alertas

A Fundación PwC presenta este informe no que se fai un repaso á financiación do Tercer Sector Social en España entre 2008 e 2017


Esteve, J. (dir.), Radiografía del Tercer Sector Social en España: retos y oportunidades en un entorno cambiante. Madrid, Fundación PwC, 2018, 116 p.

O informe repasa o financiamento do Terceiro Sector en España entre 2008 e 2017. Segundo os datos, este sector xestionou uns 10.500 millóns de euros en 2017 para facer fronte ás necesidades da poboación en situación de pobreza ou risco de exclusión. Deste montante, 6.504 (un 62%) proveñen das administracións públicas e o resto (3.933 millóns) do financiamento privado. Durante a crise, o Terceiro Sector pasou por un período moi complicado. O financiamento resentiuse de maneira moi acusada, mentres se incrementaban os seus servizos polo aumento das necesidades sociais. Entre 2013 e 2016 produciuse unha lixeira recuperación, que se viu truncada en 2017 cun estancamento que veu dado principalmente pola prórroga dos orzamentos públicos e a supresión dos estímulos á empregabilidade.

O informe trata tamén sobre o futuro do financiamento do Terceiro Sector. Segundo este estudo, espérase un crecemento do financiamento do 4,7% para o período 2018-2022, impulsado principalmente por un crecemento do financiamento público autonómico e local, e polo aumento do financiamento propio e a proveniente dos socios. Finalmente, o informe detalla tamén os retos e medidas que terá que abordar o Terceiro Sector nun contexto complexo e cambiante. Para a Fundación PwC hai cinco factores determinantes, que son os cambios demográficos, o proceso acelerado de urbanización, o cambio climático, os grandes avances tecnolóxicos e o cambio nos poderes económicos mundiais. O Terceiro Sector debe reflexionar acerca de como poden impactar estes factores nos seus plans de futuro e na súa visión da misión que persegue

http://www.plataformatercersector.es/sites/default/files/20180626%20estudio%20fundacion-pwc-tercer-sector-social-2018%20DEF.pdf