Reis. Revista Española de Investigaciones Sociológicas, nº 177 (2022)
Presentamos o número 177 da Reis, Revista Española de Investigaciones Sociológicas, de periodicidade trimestral e editada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas.
Reis. Revista Española de Investigaciones Sociológicas, nº 177 (2022). ISSN: 0210-5233, Inicio: 1978- . Periodicidade trimestral. Madrid : Centro de Investigacións Sociolóxicas., 180 p.
A Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS) é unha publicación trimestral do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), Comezou a editarse en 1978, e o seu obxecto é procurar a difusión de estudos de natureza académica que contribúan ao mellor coñecemento da sociedade española. Pola súa traxectoria histórica e o alto nivel de calidade esixido ás contribucións converteuse nunha revista de referencia para calquera estudoso ou investigador das Ciencias Sociais. A revista abarca un amplo abanico de temas rexistrados no ámbito da Socioloxía e Ciencia Política en xeral, dos cales se poden destacar: a Demografía, Estrutura e Cambio Social, Teoría Sociolóxica, Psicoloxía Social, Metodoloxía, etc. Cada número estrutúrase nos seguintes apartados: Artigos, Notas de Investigación, Ensaios bibliográficos, Críticas de libros. Desde xaneiro de 2014 a REIS ofrece acceso aberto en liña ao texto completo da revista
http://www.reis.cis.es/REIS/jsp/REIS.jsp?opcion=revistas&numero=177