Revisión internacional de modelos de atención residencial para personas mayores. Parte II. Análisis de tendencias internacionales en centros residenciales y otros alojamientos. Residencias para personas mayores, ¡no más de lo mismo!

03. Agosto 2021 Alertas

Neste informe analízanse desde un punto de vista cualitativo as principais tendencias internacionais observadas nos modelos residenciais que ofrecen coidados de longa duración a persoas maiores de distintos países que destacan pola súa traxectoria innovadora neste ámbito. .


Sancho, M., Martínez, T., Revisión internacional de modelos de atención residencial para personas mayores. Parte II. Análisis de tendencias internacionales en centros residenciales y otros alojamientos. Residencias para personas mayores, ¡no más de lo mismo!. Valladolid, Gerencia de Servicios Sociales, Junta de Castilla y León, 2020, 148 p.

Este segundo informe constitúe a segunda parte do estudo Revisión Internacional de modelos residenciais para persoas maiores, encargo realizado pola Xerencia de Servizos Sociais da Junta de Castilla y León no contexto de elaboración da súa nova Lei de atención residencial.

No mesmo, analízanse desde un punto de vista cualitativo as principais tendencias internacionais observadas nos modelos residenciais que ofrecen coidados de longa duración a persoas maiores de distintos países que destacan pola súa traxectoria innovadora neste ámbito. Destácanse, así mesmo, os elementos máis novos atopados, porque dalgunha maneira permitiron a estes países avanzar na senda da transformación do coidado.

Nesta procura atopáronse itinerarios diferentes pero que comparten o propósito de abandonar modos obsoletos de coidado residencial institucional, afastándose dunha visión do coidado vinculado á carencia e á enfermidade para avanzar cara a un coidado centrado nas persoas que busca a protección dos dereitos individuais, a personalización da atención e o benestar persoal

https://www.siis.net/es/documentacion/catalogo/Record/565875