Sobre la riqueza invisible del cuidado

27. Agosto 2018 Alertas

O Siis, Centro de Documentación y Estudios da Fundación Eguía Careaga infórmanos sobre esta publicación editada pola Universitat de Valencia sobre o recoñecemento social do coidado nos fogares, un traballo non remunerado que recae maioritariamente nas mulleres


Durán, M.A., La riqueza invisible del cuidado. Valencia, Universitat de València, 2018,   Serie: Col·lecció Honoris Causa n. 30, 518 p.

Esta obra constitúe un fito histórico na visión académica e científica do traballo do coidado. Na súa dilatada traxectoria académica, M. Ángeles Durán, doutora honoris causa pola Universitat de València, preocupouse pola inserción do traballo non remunerado na análise da estrutura social e polos vínculos entre as relacións de poder e os procesos de produción de coñecemento científico. O coidado preséntase, así, como unha formidable fonte de recursos invisibles non incorporados á análise económica micro nin macro, que tamén debe verse como un custo para os fogares e para as persoas sobre quen recae, maioritariamente mulleres. Máis aló da súa dimensión científica, a autora expón o recoñecemento social do coidado, un traballo non remunerado que non se distribúe por libre acordo, por un pacto social e interxeracional explícito, senón que é o resultado de forzas coercitivas históricas que o asignaron ás mulleres.

*Para a súa consulta poderase solicitar ao Siis