Sobre o blog

Desde o Departamento de Publicacións queremos ofrecer un contorno de información de recursos documentais que axude á formación e información dos nosos usuarios no ámbito das nosas competencias. Este blog parte da necesidade de ampliar o noso ámbito de coñecemento e dar a coñecer as actuacións  e a xestión das políticas públicas en materia de servizos sociais

Estruturámolo a través de catro categorías:

  • Publicacións: onde se visualizan os recursos bibliográficos editados pola Consellería de Política Social cun enlace á publicación en formato pdf.
  • Normativa: a intervalos periódicos poderá acceder a unha recompilación normativa relacionada coas políticas sociais de carácter autonómico, estatal e europeo. As referencias normativas recóllense na lingua na que aparecen publicadas e no caso de comunidades autónomas con lingua cooficial, a elixida será o castelán agás en Galicia que aparecerá na súa lingua oficial.
  • Estatísticas:  Como consecuencia das competencias atribuídas á Consellería na elaboración e difusión estatística das áreas temáticas que lle afectan, terá acceso a cada unha das actividades ou operacións estatísticas elaboradas polas distintas unidades administrativas e demais entes da Consellería e integradas no Programa estatístico anual (PEA) que cada ano publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) no Diario Oficial de Galicia (DOG).Tamén poderá acceder a táboas, gráficos de evolución, pirámides de poboación etc., de elaboración propia, a partir dos datos tomados dos institutos de estatísticas tanto estatais como autonómicos e referidas especialmente a Galicia.
  • Alertas: a través desta categoría pretendemos facilitarlles información do noso ámbito competencial extraída da internet e na que recibirán información sobre novidades bibliográficas e/ou novas sobre eventos e páxinas de asociación, fundacións, observatorios, etc. daquelas competencias que nos afectan.

Esperamos, a través deste blog, non só actualizar as curiosidades profesionais dos nosos lectores e adaptarnos ás súas necesidades senón tamén establecer unha comunicación que nos permita mellorar a nosa profesionalidade e a dos nosos usuarios.