Valora-Galicia: Instrumento para a valoración da gravidade das situacións de desprotección infantil nos servizos sociais especializados en protección de menores na Comunidade Autónoma de Galicia
O documento técnico VALORA-GALICIA foi deseñado para ser aplicado polos servizos sociais especializados en protección de menores da Xunta de Galicia. Achega criterios técnicos que orientan os profesionais na valoración dos casos e na toma de decisións.

O instrumento VALORA-GALICIA foi deseñado para ser aplicado polos servizos sociais especializados en protección de menores da Xunta de Galicia para a execución das competencias establecidas na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, en relación á investigación e valoración das situacións de desprotección que afectan a nenos, nenas e adolescentes. O instrumento achega criterios técnicos para a valoración da gravidade destas situacións e as correspondentes tomas de decisión. Preséntase como unha ferramenta que, do mesmo xeito que outros instrumentos técnicos, ha de ser utilizada por profesionais capacitados como orientación, fundamento e apoio ao xuízo profesional, nunca como substituto deste.
A descarga da publicación pode facerse a través de dous formatos:
Imprimible en PDF: https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/publicacions/valora_galicia-gal_libro_.pdf
Formato prego para visualizar na web: https://politicasocial.xunta.gal/sites/w_polso/files/arquivos/publicacions/valora_galicia- gal_pliegos.pdf