Violencia contra as mulleres con discapacidade: ver e recoñecer os sinais // Jóvenes, género y violencias: hagamos nuestra la prevención. Guía de apoyo para la formación de profesionales

05. Outubro 2016 Alertas

Recomendamos dúas novas bibliográficas, extraídas do Boletín Género y Familia, nº 262 de Siis, Centro de Documentación y Estudios da Fundación Eguía Careaga. A primeira delas está financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia


violencia_contra_as_mulleres_con_discapacidade-acadar-web 1

Ordóñez Otero, Hadriana. Violencia contra as mulleres con discapacidade: ver e recoñecer os sinais. A Coruña, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), 2016, 29 p.

Este estudo fundaméntase nas testemuñas de máis de 500 mulleres con discapacidade atendidas pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia e pretende ser unha resposta didáctica á necesidade de dispoñer de material que permita coñecer, detectar e tratar a vulnerabilidade destas mulleres. Está deseñada como unha ferramenta para recoñecer situacións de violencia, facendo fincapé en sete tipos diferentes: física, sexual, estrutural, psicolóxica, económica, cultural e obstetricia. Ademais, inclúe por primeira vez as estatísticas oficiais sobre a porcentaxe de mulleres discapacitadas en situacións de violencia doméstica, unha realidade que se dobra respecto ás mulleres non discapacitadas.

http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/violencia_contra_as_mulleres_con_discapacidade-acadar-web.pdf

 

 

guia_de_apoyo_daphne 1Biglia, B., Jiménez, E., Jóvenes, género y violencias: hagamos nuestra la prevención. Guía de apoyo para la formación de profesionales. Tarragona, Universitat Rovira i Virgili, 2015, 120 p.

Esta guía, principalmente dirixida á formación de profesionais en violencia de xénero, é resultado de dous anos de intenso traballo colaborador feminista entre dúas entidades do terceiro sector, Candea e Tamaia, e o equipo investigador da Universitat Rovira i Virgili.
Con este recurso educativo preténdese difundir algúns dos resultados e aprendizaxes teóricas, pero sobre todo prácticas, obtidas coa investigación-acción internacional Gap Work: mellorando as intervencións (e derivacións) en violencias de xénero a través da formación de profesionais que traballan con persoas novas, subvencionada pola Unión Europea no marco do programa Daphne III. Neste proxecto deseñáronse, implementáronse e avaliáronse programas formativos para profesionais que traballan con mozos en Cataluña, Reino Unido, Italia e Irlanda; e realizouse unha análise sociolóxica da lexislación vixente en materia de xénero nestes países, así como das normativas da Unión Europea.

http://www.tamaia.org/sites/default/files/Textos_Tamaia/Documents/guia_de_apoyo_daphne.pdf