Violencia viral. Análisis de la violencia contra la infancia y la adolescencia en el entorno digital

22. Xullo 2019 Alertas

Todo o mundo coñece os beneficios das tecnoloxías dixitais, pero temos que ser conscientes tamén dos riscos que poden presentarse e utilizalas de maneira segura e responsable. Un mal uso da contorna dixital dá lugar a diferentes tipos de violencia da que poden ser vítimas nenos, nenas e adolescentes.


Sanjuán, C., Violencia viral. Análisis de la violencia contra la infancia y la adolescencia en el entorno digital. Madrid, Save the Children, 2019, 100 p.    

Hoxe en día, as novas tecnoloxías son unha parte máis das nosas vidas. Nenos e nenas comezan cada vez antes a utilizalas, mesmo hai menores que aos 7 anos de idade xa están habituados á contorna dixital. Os adultos adoitamos recorrer moito á tecnoloxía no noso día a día e non podemos pedirlles a nenos, nenas e adolescentes que non fagan o mesmo. Todo o mundo coñece os beneficios das tecnoloxías dixitais, pero temos que ser conscientes tamén dos riscos que poden presentarse e utilizalas de maneira segura e responsable. Un mal uso da contorna dixital dá lugar a diferentes tipos de violencia da que poden ser vítimas nenos, nenas e adolescentes. Para empoderar á infancia cunha educación positiva e sen prexuízos, este informe trata os tipos de violenciaen liña aos que se pode enfrontar a infancia ao usar as tecnoloxías e dispositivos electrónicos. Nel abórdase o problema, os posibles factores de risco e as consecuencias de sufrir estas violencias. Por último, recompiláronse unha serie de recomendacións a mozas, familias e profesionais para que todos e todas podamos unirnos na loita contra a violencia contra a infancia.

https://www.savethechildren.es/sites/default/files/imce/docs/informe_violencia_viral_1.pdf