Xuventude Crea. 2021
Catálogo dos premiados en todas as categorías do certame Xuventude Crea que anualmente convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
VV AA. Xuventude Crea, 2021. Santiago de Compostela, Consellería de Política Social e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2021. 140 p. : il. cor ; 21 x 21 cm. D L : C 1002-2022
Anuario dos premios do certame Xuventude Crea 2021 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as autores/as e das obras gañadoras. En palabras da conselleira, Xuventude Crea busca favorecer e “plasmar todo o que perciben os seus sentidos a través da palabra, da tecnoloxía ou da fotografía”.
Nesta edición 2021 premiáronse as seguintes categorías: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Danza moderna, Creación de videoxogos, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro e Videocreación.
Para acceder ao catálogo, prema neste enlace:
Para ver edicións de anos anteriores: