XX Dictamen del Observatorio de la Ley 39/2006 de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en situación de Dependencia
Ditame do Observatorio da Lei de dependencia, realizado pola Asociación de Directoras e Xerentes de Asuntos Sociais no que se analiza e avalía a xestión do Sistema para a autonomía e atención á dependencia ( SAAD) en 2019
Observatorio Estatal de la Dependencia, XX Dictamen del Observatorio de la Ley 39/2006 de Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las Personas en situación de Dependencia. Serie: Dictámenes del Observatorio, Madrid, Asociación Estatal de Directoras y Gerentes en Servicios Sociales, 2020, 58 p.
Este novo ditame do Observatorio da Lei de dependencia, realizado pola Asociación de Directoras e Xerentes de Asuntos Sociais, analiza e avalía a xestión do Sistema para a autonomía e atención á dependencia ( SAAD) en 2019. O informe destaca que a data 31 de decembro de 2019 había en España 1.385.037 persoas en situación de dependencia recoñecida e outras 159.193 pendentes de valoración. Isto significa que o 3% da poboación española necesita apoios de maior ou menor intensidade para desenvolver as actividades básicas da vida diaria. De todas as persoas con dependencia recoñecida, dous terzos son mulleres (65%) e un terzo (35%) son homes. O 72,6% dos dependentes recoñecidos ten máis de 65 anos e os maiores de 80 son o 54,2% do total. Durante 2019, por primeira vez desde 2016, o número de persoas con dereito recoñecido en espera de atención volveu a aumentar. O saldo de 2019 presenta 20.000 persoas máis nunha lista de espera, que xa alcanza a 266.000 persoas, o 19,2% das persoas con dereito.