Yo a eso no juego. Guía de actuación frente al acoso y el ciberacoso para padres y madres

27. Agosto 2018 Alertas

Save the Children España preséntanos esta guía de actuación frente ao acoso e o ciberacoso para pais e nais


Allué, S., et al., Yo a eso no juego. Guía de actuación frente al acoso y el ciberacoso para padres y madres. Madrid, Save the Children España, 2017, 72 p.
Ao acoso hai que chamalo polo seu nome. É violencia. E para acabar con ela é esencial que a sociedade no seu conxunto entenda que a violencia entre nenos e nenas é intolerable. Unha das claves do éxito da loita contra o acoso e o ciberacoso é a implicación de todos os axentes do ámbito educativo, a contorna familiar e os propios nenos e nenas. Con esta guía preténdese axudar a nais e pais a enfrontarse este tipo de situacións para as que, a miúdo, non senten suficientemente preparados: definindo os conceptos esenciais, facilitando pautas sobre a sempre complexa detección do fenómeno, detallando os pasos para seguir nos diferentes escenarios (o noso fillo pode ser vítima, agresor ou espectador do que está a ocorrer), proporcionando indicacións sobre as consecuencias que pode traer consigo este tipo de situacións cando non se abordan adecuadamente e, finalmente, orientando a acción cara a prevención e a resposta inmediata e sensata